18 de dec. de 2012

V Ciclocros Castelo de Maceda





O pasado sábado a tardiña dispotóuse o Ciclocros do Castelo de Maceda. Os da "escola J A Hermida" demostraron o seu coñecer no medio e diseñaron un precioso circuito na carballeira do Castelo do século XI. Impecable organización deste clube, no que podemos contar con ducha e chocolate quentiños o acabar as distintas mangas. Cando Galicia se encontraba sumida nunha auténtica borrasca meteorolóxica, en Maceda poidemos disfrutar dunha nublada pero agradable tarde, disputándose todalas mangas co circuito húmedo pero sin choiva en ningún momento, o cal se agradeceu, dado como estaba o panorama que sufrimos o volante nos viaxes de ida e volta a Coruña.



Este ano o circuito compoñíase dunha parte rápida indo cara a liña de meta e unha parte lenta sempre remontando con numerosos xiros o outeiro do histórico Castelo, tal e como pode apreciarse nas magníficas instantáneas tomadas coma sempre por Luz Iglesias.




!! Moi bon día de CX. A longa viaxe a Maceda, sempre compensa !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.