CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
De acordo co establecido no
Artigo 17 dos Estatutos da Peña Ciclista Monte Xalo, o Presidente Don Julio
Brandariz Seoane ten o pracer de convocalo a Asamblea Xeral Ordinaria de socios da Peña Ciclista Monte Xalo,
que terá lugar no Bar O Cruceiro de Pravio (rúa San Bartolomé nº 9, Pravio,
Cambre) o día 27 de decembro de 2012 as 20:00 horas en 1ª convocatoria e as
20:30 horas en 2ª convocatoria, co seguinte
ORDE DO DÍA:
1º.-Memoria, balance do
exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
2º.-Presuposto para o seguinte
exercicio.
3º.-Proxecto e propostas do
Presidente ou da Xunta Directiva.
4º.-Proposicións e preguntas dos
socios.
A presente convocatoria realizase
coa debida antelación por correo electrónico e a traverso da nosa web: www.pcmontexalo.com.
Os socios que non estean ó
corriente nos pagos das súas cuotas (vestiario, licencia, etc), terán dereito a
voz pero non a voto.
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
De acordo co establecido no
Artigo 17 dos Estatutos da Peña Ciclista Monte Xalo, o Presidente Don Julio
Brandariz Seoane ten o pracer de convocalo a Asamblea Xeral Extraordinaria de socios da Peña Ciclista Monte
Xalo, que terá lugar no Bar O Cruceiro de Pravio (rúa San Bartolomé nº 9,
Pravio, Cambre) o día 27 de decembro de 2012 as 21:00 horas en 1ª convocatoria
e as 21:30 horas en 2ª convocatoria, pa tratar os dous puntos da orde do día:
1º.-Ampliación da Xunta Directiva
a sete membros.
2º.-Elección dos socios precisos
pa cubrir os postos de vocais vacantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.