26 de nov. de 2012

XI Ciclocros Cidade de Santiago


O domingo 25 de novembro celebrouse o XI trofeo de ciclocros de Santiago de Compostela. O escenario; o habitual circuito do Monte Pedroso.Coma sempre moi duro polas 3 subidas que inclue, con moi pouquiños metros chans e continuamente interrumpido por regos de diversa anchura e profundidade. Moi bon día para a práctica da modalidade, cun sol tímido e unha temperatura máis ben fría. Debido as choivas do día anterior, o circuito estaba esbaradizo nalgunhas zonas pero non presentaba lama en ningures. Bon ambiente o tratarse dunha proba de carácter nacional, con boa representación de Portugal e Asturias. Julio participou na proba, por parte da PC Monte Xalo, como queda constancia na imaxe recollida pola cámara de Luz Iglesias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.