12 de nov. de 2012

Carreira Popular de Negreira

A Peña Ciclista Monte Xalo, representada desta volta por Julio acompañado por Estíbaliz e Joeri , participou na pedestre de Negreira. Unha dura popular de 10 Km con moi pouquiños metros chans. Un continuo sube e baixa polos arredores do pobo cun atractivo pero selectivo percorrido. Destacalo altísimo nivel dos atletas, cunha representación abondosa de africanos tanto masculinos coma mulleres, os cales coparon os primeiros postos da clasificación dos máis de 650 corredores na categoría absoluta. Destacalo bon tempo que acompañou a proba, máxime cando os nenos lles caeu unha boa na súa proba disputada só unha hora antes. Moi bon ambiente e moito nivel nesta estupenda carreira a pé do interior da provincia da Coruña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.