24 de ago. de 2012

MARATON POPULAR EN CAMBRE



Celebrouse en Cambre o pasado 15 de Agosto a XXIII edición da Maratón Popular, na que a Peña Monte Xalo estivo representada por Garaboa, Julio, Monky e Yiyo. A pesares da súa denominación, esta proba tan só contaba con 7 quilómetros de percorrido, que discurrían na súa maioría polo fermoso entorno do paseo fluvial que rodea o río Mero o seu paso polo Concello. A carreira foi bastante rápida debido o pouco esixente perfil que presentaba, que tan so se endurecía na súa parte final na meta do pabillón de Sigrás, o cual foi tamén punto de saída. Estupenda mañá para a práctica de este deporte, na que estuvemos acompañados por un montón de amigos e coñecidos, dado o caracter local da proba, que xuntando todalas categorías contou con mais de 500 participantes, o cual se pode calificar como todo un éxito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.