16 de ago. de 2012

EXCURSIÓN A POTES

Hai tempo que xá tiñamos gañas de facer unha saída pola zona de Potes, en Cantabria, ideal para utilizar a "flaca" que foi a que levamos en esta ocasión, ou a btt para a que tamén hai múltiples alternativas. O sábado 4 de Agosto iniciamos a primeira das dúas etapas previstas, a cual era unha rota circular con saída e chegada no mesmo Potes. Iniciamos un tramo de baixada de uns 15 qm ata chegar a La Hermida, onde comenzabamos o ascenso o primeiro porto do día, La Collada de la Hoz, que presentaba unha sucesión de curvas a 180º, que mesmo daba a impresión de estar escalando o Galibier, con unha sensación de placer que ía en aumento a medida que se ía gañando altura pola espectacularidade da paisaxe cántabra, na que a pesares de estar transitando por estradas secundarias e con pouco tráfico presentaba un firme en perfectas condicións, o que todavía facía mais placentera a xornada. Case sen tempo a pensalo encaramos o ascenso a Collada Ozalba, algo mais curta que a anterior pero non menos espectacular. Todavía teríamos que subir un derradeiro porto, Piedrasluengas, unha subida interminable de 39 quilómetros, eso sí sen rampas excesivamente duras agás un tramo que discurría a carón de un embalse onde se acadaba o 12% de desnivel. O remate de este porto so quedaban 25 quilómetros ata Potes, todos en descenso, que para os que non temos por costume facer tanto tramo en baixada, o final acababa deixandote as mans sen tacto de tanto frear nas curvas. Pola tarde tocou relax ademais de excursión a Fuente De, e mais a Potes coas familias.
O día seguinte tocaba saída en Potes e chegada os Lagos de Covadonga. A mañán ameazaba con pasarnos a xornada por auga, pero logo de pasar Panes o día incluso foi solleiro e a temperatura moi agradable para a práctica do ciclismo. Novamente o igual que sucede na marcha cicloturista, antes de encarar a subida os Lagos, atopámonos co ascenso o Alto de Ortiguero, esta vez pola zona de Cabrales, que o noso parecer e mais duro que pola parte de LLanes, por onde transita a clásica. E unha vez mais os Lagos de Covadonga, 13'5 quilómetros durísimos onde hai que tirar de oficio para non deixar as alegrías polo camiño e poder alcanzar o cume do xeito mais digno posible. Unha vez mais misión cumprida.
Acompañados das familias, Abraham, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo compretamos dúas xornadas nas que en aproximadamente 200 quilómetros, acumulamos 4000 metros de desnivel, e unha grande satisfacción da nosa estadía na zona cantabro-asturiana.

https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/ExcursionPotes2012#

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.