1 de abr. de 2012

Saída Domingo 1 de Abril

Aínda que xá levabamos un tempo entrenando xuntos, e logo da presentación oficial da nosa uniformación, da que xá daremos cumprida información, os membros da Peña Monte Xalo que imos a participar na I marcha cicloturista "la Peña Cabarga" a disputar o vindeiro 5 de Maio na localidade de Solares en Cantabria , Abraham, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo, acompañados por Jose Ángel, fixemos o noso primeiro entrenamento "oficial" de cara a mellorar a nosa forma física en relación coa nosa participación na devandita marcha. O percorrido levounos dende Cambre ata o Monte Xalo, de onde retornamos o punto de saída, pasando polos Concellos  de Laracha, Arteixo, Culleredo, Abegondo, Carral e por suposto Cambre. O Monte Xalo, que da nome a nosa peña, subímolo por unha das  súas vertientes  mais duras, que é a que se encara dende Carral polo cemiterio, que acada rampas superiores o 20 %. En total percorrimos 101 quilómetros en 4 horas xustas, que pola dureza do trazado, ben xustificaron o refrixerio final acompañado duns saborosos callos. Deixamos o enlace de esta proba, por si alguén mais se anima a participar.

http://www.xn--lapeacabarga-dhb.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.