O domingo 22 de agosto dous Xalos (Iván e
Fer) participaron na Ruta do Lacón de Cuntis na súa IX edición que
ademais este ano era puntuable para a Copa Galicia de XCM.
Ruta moi dura e técnica, non moi apta para
cicloturistas, tanto nas innumerables "petadas" coma nas baixadas e
trialeras que non daban descanso en ningún momento. Moi ben organizada a
pesar das limitacións que sufrimos todos na actualidade, perfectamente
sinalizada e cunha chea de voluntarios para controlar cada cruce.
Noraboa ao cluve Xesteiras pola boa organización da proba.
Iván conseguiu unha meritoria 26° posición
na categoría M30 loitando ata a mesma liña de meta e Fer... conseguiu
chegar... disfrutando das fermosas paisaxes polas que pasamos ata a
mesma liña de meta.
7 de set. de 2021
IX RUTA BTT DO LACÓN – CUNTIS 2021
Crónica de Fer:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.