6 de ago. de 2021

LA SACAGÜEYOS 2021

Crónica de Yiyo:

O pasado 24 de xullo volveuse a celebrar en Luarca, despois dun ano de parón por mor do Covid 19, unha nova edición da marcha ciclo turística La Sacagüeyos, e como en todas as anteriores, acudiu algún integrante por parte da Peña Ciclista Monte Xalo. Neste caso tratouse de Diego Lourido e Yiyo.

 Este a ano a marcha saíu cara a costa pasando por Puerto de Vega e Navia onde xa se colleu camiño cara as duras montañas do occidente Asturiano.

Primeiro subiuse o muro de Arbón porto corto pero exixente, 1,4Km o 9%. Xusto o terminar a baixada desta cota afrontase o porto de Oneta, 5Km o 65% pero con rampas bastantes exixentes que chegan alcanzar o 15%. De aí e despois de pasar polo avituallamento de Villayón, no que compre destacar que se cumpriron todas as medidas Covid, empezouse a subir o porto de Campa Brañuas. Este foi o porto mais longo do día, xa que consta dun encadeado de 3 portos cun total de 16,5Km o 3,2% nos que nos últimos 2,5 Km ten rampas do 11 e 12%. Unha vez coroado este porto hai unha baixada bastante técnica hasta chegar a localidade de Navelgas onde despois de repostar no avituallamento afróntanse o último porto do día, Ariestebano xa coñecido das edicións anteriores. Porto de 4Km o 7,2%. Unha vez coroado xa solo queda a baixada para chegar outra vez o punto de partida onde rematas con 114Km e cerca dos 2400m de desnivel +.

Marcha ben organizada polos compañeiros do Club Ciclista Las brañas y el mar e cun recorrido espectacular como xa soe ser habitual. 

MAIS FOTOS

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.