26 de ago. de 2021

IV MINI BTT CONCELLO DE O CARBALLIÑO

 

Crónica de Alberto Reimúndez:

Terceira carreira consecutiva na provincia de Ourense, neste caso no Carballiño, onde o clube local organizou a IV MINI BTT O CARBALLIÑO. O circuito ubicárono no parque municipal onde prepararon un percorrido rápido e con zonas moi esbaradizas. Álex sufriu unha caída na primeira volta e tocoulle remontar. Pola súa banda, Leo gañou dúas posicións nunha última volta moi accidentada.  Felicitar o CC CARBALLIÑO pola organización e agradecer a @pirucho_pequeno as fotos que fai. A seguinte na casa: MINI BTT CAMBRE


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.