10 de mar. de 2020

TRANSGALAICA AMES

Crónica de Fran Calabria:
O pasado Domingo 8 de Marzo varios integrantes do Xalo (Manuel Piñeiro, Javi Vazquez, Fran Castro,  Gustavo Saavedra, Ivan Vazquez, Ivan Morandeira e Fran Calabria) desplazaronse ata Ames-Bertamirans para disputar a 2 proba da Copa Transgalaica pertenecente a modalidades maraton(XCM) organizada por Os Esfola Arrós. A proba constaba dun circuito de 34.5km con + 900m que se tiña que facer en duas voltas e cun tempo de corte de 2h20’. A oreografia do terreno e as condicions climatolóxicas adversas faria mella nos participantes facendoos exprimir ata a última gota de forzas. 
Por parte dos Xalos cabe destacar a 8º posición en categoría Master 50 de Manuel Piñeiro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.