17 de set. de 2019

CX FESTIBIKE. MADRID

Crónica de Andrés Calvete: 
"O Sábado dia 14 de Septembro  Lorena máis un servidor desprazamonos ata Las Rozas para participar na primeira proba de Ciclocross do calendario nacional, organizada dentro do marco da coñecida feira de bicicletas Festibike, amezaba chuvia pero respetou ata xusto o remate da proba, polo que tocou tragar polvo en lugar de barro, o circuito contaba cunha longa recta de saida de asfalto e o resto era zona de curveo nun suelo mais ben areoso o cal obrigaba a trazar as curvas con moita prudencia pola falta de agarre. A orde de saida foi por orde de clasificación no ranking madrileño do ano anterior, como non tiña ningún punto tocou sair desde a parte traseira e remontar, finalmente un 3º posto sen ningún contratempo e sen facerlle traballar a Lorena, quen estivo en todo momento en boxes ca bici de reposto e controlando os tempos.
Unha vez rematada a parte competitiva pasamos a parte comercial donde puidemos ver as novedades do sector da bicicleta que se aveciñan para 2020."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.