7 de ago. de 2019

VIII ESCALADA CICLISTA O MONTE XALO

Un ano mais, e xa van oito edicións, a Peña Ciclista Monte Xalo organizou a súa proba cicloturista cronometrada individual, con percorrido comprendido entre o concello de Carral e a cima do coñecido monte da mariña coruñesa, que ademáis da nome o clube. Como é habitual nestas datas, boa meteoroloxía para o concurso dos deportistas, nunha tarde clara e cunha boa temperatura. Abondosa participación, destacando a cada vez máis consolidada categoría feminina. Dende o clube agradécese o apoio prestado polos colaboradores, corporación e forzas de seguridade do concello de Carral, e os voluntarios propios que desempeñaron unha función vital para mantelos marxes de seguridade dos deportistas. A proba finalizou ca tradicional pinchada, entrega de maillots os mais rápidos, e sorteo de agasallos. Un gran día de ciclismo e amistade que esperamos repetir no 2020.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.