4 de xul. de 2019

REGULAMENTO

Nesta marcha pode participar todo aquel ciclista, maior de 15 años cumpridos no ano 2019, con licencia federativa en vigor. No caso de non posuila mesma, a idade mínima será de 18 anos.

Todolos ciclistas menores de idade precisarán  de una autorización paterna, que deberán entregar un exemplar orixinal á Organización acompañada de fotocopia do DNI do autorizador, no momento de retirar o dorsal.

Todo aquél que non estivese en posesión de licencia, deberá suscribir a licencia de un día expedida pola Federación Galega de Ciclismo ó realizar a inscripción, tendo que pagar un suplemento de 10 €. (Os federados na Federación Galega de Triatlon, dispoñen de un desconto de 5€ no importe da licencza de un día).

Todo ciclista participante na proba estará equipado con casco protector. O seu emprego é obligatorio.

A retirada de dorsais realizarase en horario de 16:00 a 16:45 h do día da proba, na porta do concello de Carral.

Será imprescindible presentalo DNI e licencia federativa, para retiralo dorsal de cada participante.

O dorsal será persoal e intrasferible. Non poderá ser empregado por outro ciclista distinto o asignado. Así mesmo, será portado no lugar visible indicado pola organización mentras dure a proba. O dorsal será devolto obrigatoriamente a fin da proba.

Todo participante inscrito e portador do dorsal ten a obriga de cumprir estrictamente o código de circulación e de seguilas indicacións dos axentes da autoridade e do persoal da organización habilitado. O circuito estará aberto o tráfico. A organización poderá retirar da proba a todo ciclista que provoque situacións perigosas ou amose un comportamento antideportivo para o normal desenrolo da proba. Os participantes deberán atender en todo momento todolos consellos e indicacións da organización.

A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por neglixencia ou falta de cumprimento da lei e o código de circulación, así como das instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, poideran producir danos físicos ou morales, propios ou a terceiros, así como outro tipo de perxuizos ou accidentes que por causas se pudieran xerar.

Os participantes inscritos na VIII Escalada Ciclista ó Monte Xalo enténdese que o fan voluntariamente e baixo a súa responsabilidade, e por consiguiente exoneran, renuncian, eximen e conveñen en non denunciar a entidade deportiva e colaboradores.

No caso de accidente, deberá ser comunicado a organización para o seu oportuno trámite.

A proba está considerada de dureza e nivel técnico medio-alto, motivo polo cal é responsabilidade do ciclista ter un nivel físico axeitado para a participación na mesma. Todo participante declara coñecer e asumir todolos riscos que para a súa saude poidera supor o esforzo deportivo, riscos que en ningún momento lle corresponde asumir a organización.

A organización resérvase o dereito a modificar todo o relativo os itinerarios, reagrupamento, horarios, etc, cando os motivos ou circunstancias, así o aconsellen para o bon desenrolo e seguridade da proba.

A cancelación da proba por causas alleas a organización non dará lugar a devolución do importe da inscripción.

O participante na proba autoriza o emprego de fotografías propias, sempre que o seu uso garde relación ca proba na que se inscribe.

A Peña Ciclista Monte Xalo garante o cumplimento da lei de protección de datos, e de acordo ca lei orgánica 15/1999, o participante queda informado e presta o seu consentimento o emprego dos seus datos no desenvolvemento dos trámites propios do desenrolo do evento.

Todalas novas sobre a proba poderán seguirse no sitio web
www.pcmontexalo.com.

A participación nesta proba cicloturista, implica a aceptación do regulamento. O seu descoñecemento, non exime o participante do seu cumprimento.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.