19 de maio de 2019

CAMPIONATO GALEGO CRI. AS PONTES


Crónica de Fran Calabria:
"O día das letras galegas,17 de Maio,  celebrouse en As Pontes o Campionato Galego de Contrareloxo Individual (CRI), organizado polo Clube Ciclista As Pontes-Vilalba.

O trazado era un circuito de 23 Qm que se facia nun percorrido de ida e volta a carón do Lago de As Pontes. A orografía do terreo era boa para facer bos tempos pero o vento e a choiva, en algunha ocasión saraiba, farían afloixar o ritmo en máis de una ocasión, incluso provocando diversas caídas dos participantes.

Por parte da Peña cabe destacar a Medalla de Plata de LORENA GESTAL na categoría Master 40 féminas, sacando incluso o terceiro mellor tempo na categoría Master, e a medalla de bronce de KIKE VAZQUEZ na categoría Master 50. Tamén disputaron a proba nas diversas categorías Master Julio Brandariz, Jose Manuel Marante, Sergio Morandeira, Rafa García e Fran Calabria."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.