Crónica de Javi Vázquez:
"O pasado mes de Abril, ata terras leonesas desprazouse unha representacion da Peña Ciclista Monte Xalo composta por José Luís Rodríguez Rodríguez e Javi Vázquez para disputar e disfrutar de tres días de auténtico ciclismo na que era a III edición da Volta a León en Btt.
Esta edición da volta que contou con 500 participantes nas diferentes categorías, desenvolveuse por diferentes localidades da provincia de León.
A proba constaba de 3 etapas.
O primero día (venres 26) na localidade de Villaquilambre realizabase unha etapa circular de 45 Qm con + 950 m de desnivel nos cales eran cronometrados 20 Qm no medio da etapa, e así obterianse os primeiros tempos da Volta.
A etapa 2. (sabado 27) Considerada a etapa raiña. 86 Qm +2600 m. Saíase na localidade de Cistierna, coa novidade de que era necesario o GPS para realizar a etapa, o que incrementaba a complicación de finalizala. Subíase a cuotas de 1500 m coma a Remolina na que nos a topamos coa neve e unhas increíbles e fermosas paisaxes acariñando os Picos de Europa, para logo afrontar a durísima subida da Camperona, e rematar novamente en Cistierna. A José Luís e Javi levoulles facelo percorrido preto das 6h.(5h 57min), quedando na posición 90 e 93 da xeral, nunha etapa que conqueriron finalizala 332 ciclistas dos 500 inscritos, velaí a dureza da mesma.
A 3°(domingo 28) a derradeira etapa sería con saída na localidade de Almanza, tamen circular con 55 Qm e +1000 m, sería moi rápida e iso que o e desgaste dos días anteriores podería ter feito mella.
Os dous Xalos conseguiron ser Finisher da proba con bós resultados.
José Luís rematou no posto 22 en Master 50, e Javi Vázquez no posto 36 en Master 30.
Sen dúbida unha boa experiencia de btt en modalidade por etapas, e nun escenario moi diferente o que estamos acostumados."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.