11 de dec. de 2018
I CICLOCROSS CONCELLO DE CARRAL
Levábamos tempo xá madurando a idea de organizar un CX, modalidade que practican un bó número de socios da peña, pero faltábanos a infraestructura principal, un espazo onde poder trazar un circuito. A este inconvinte, o principal, sumábase o tema da financiación, buscar empresas que nos desen o derradeiro empuxón para botar a andar este proxecto. Logo de un traballo intenso, acadamos todo o que estabamos a buscar, en grande medida grazas a José Vázquez "Chechu", que nos cedeu un terreo da súa propiedade para tal fín. Os apoios, grazas a labor dos compañeiros, foron aparecendo e por fín o proxecto tomou forma no I Ciclocross Concello de Carral, onde arredor de 300 participantes, fixeron que o noso traballo tivese sentido. A experiencia dura de por sí, foi moi gratificante, pois logo de unha boa treboada, o día amenceu solleiro e tódalas probas desenroláronse con toda normalidade sen incidentes reseñables. Puxemos os cinco sentidos en intentar, amoldándonos o terreo do que dispoñíamos, de facer un circuíto que fose o mais divertido posible, e polos comentarios dos participantes parece ser que o conquerimos, un motivo mais para seguir intentandoo, mirando eso sí de rectificar erros que poidamos ter cometido. No capítulo deportivo, a maiores de estar moi orgullosos da participación de varios dos nosos socios, temos que facer mención a tempada extraordinaria de Andrés Calvete, que con dez victorias en once participacións en Master 30 está poñendo o listón moi alto para ser superado por calquera membro da peña Monte Xalo. Por suposto moi ledos de que conquerise a victoria tamén na "casa". Agora toca descansar, reflexionar e si se pode para o ano, mais e mellor.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.