21 de set. de 2018
VI PASEO CICLISTA SENDA DO MERO
O sábado 15 celebramos con un notorio éxito de asistentes, concretamente 230 participantes, a VI edición do paseo ciclista Senda do Mero, adicado principalmente a os mais cativos da casa, que con un percorrido que apenas supera os 10 Qm, amosa a éstos os beneficios de andar na bicicleta por un entorno natural que bordea o río Mero por ambalas dúas marxes. Día solleiro no que esperamos en ter cumprido coas espectativas dos mais pequenos, e dos que non son tanto tamén. Estamos moi agradecidos os participantes pola súa achega solidaria de alimentos e artigos non perecedeiros, en total 256 quilos, que foron entregados a despensa do concello para a axuda os mais necesitados.
Agradecemento especial o Concello, Policía Local, Protección Civil e colaboradores e amigos que nos botan unha man, a María Casal polas fotos e a Rafa de Mount'N'bikes polo vídeo, que fan posible que poidamos desenrolar esta actividade que esperamos perdure no tempo, grazas a todos !!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.