Crónica de José Luis Montes:
"O pasado 3 Xuño achegámonos ata o norte de Portugal, mais concretamente a fermosa Vila de Geres, Iván Bugallo mais eu. Mágoa que non nos vimos por terras portuguesas dado que Iván saía na fronte do pelotón, e o que escribe saía
no final.
O dia non pintaba moi ben de inicio xa que nos daba os bos dias con choiva, que non nos abandonaria ata pasada casi unha hora de ruta. A partir de aí o dia portouse cunha temperatura ideal para pedalear.
A ruta percorreu as fermosas paraxes do parque do Geres, deixandonos ver unhas espectaculares paisaxes, e de vez en cando un avituallamiento estilo granfondo, imposible non pararse a disfrutar ese "Pesunto" e demais manxares
que nos tiñan preparados.
Xa metidos en faena, Iván fixo o medio fondo i eu o gran fondo, o cal me enfrentei con calma e gardando forzas, xa que de por medio tiñamos o alto de Santa Isabel do monte, cerdeiriñas e cabreira. Como postre tiñanos reservados
os dos dous muros finais os cuais precedía unha fama ben merecida sobre todo pola sua dureza. Ainda que o de Ermida fíxoseme curto.
En definitiva unha preciosa ruta no norte de Portugal a cal seguramente se repetirá xa que ademais de bonita, é de unha organizacion perfecta o cal sempre invita a volver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.