22 de maio de 2018

CAMPIONATO GALEGO CONTRARELOXIO INDIVIDUAL

Este ano o galego de contrareloxio en estrada, tocaba o lado da casa. A cita era no veciño Cerceda, cun circuito ben coñecido dentro das nosas rutas de adestramento pola comarca. A saída era na praza do campo da feira, no mesmo centro da localidade coruñesa, para dende aquí tomala estrada que vai a Silva, e dala volta antes de entrar na población para encaralo camiño de volta o punto de partida polo carril contrario da mesma estrada. O perfil era ascendente na maior parte do percorrido, para completar en rápida baixada a súa parte final, que tamén se facía dura, polo esforzo anterior realizado, e un vento de cara, non demasiado forte pero que a esa altura da proba xa castigaba.



Pola Peña Ciclista Monte Xalo, participaron; Lorena, Quique, Manteiga, Marante, Roberto, Javi, Fran, Calvete e Sergio. Todos fixeron unha gran crono, destacando a medaia de ouro de Lorena en M40, e a de prata de Quique, en M50. O circuito tamén se desprazaron varios compoñentes do clube a animar os nosos compañeiros, e disfrutar dunha estupenda xornada, e do espectáculo que supón unha proba deste tipo no noso deporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.