6 de dec. de 2017

XXXI TROFEO CICLOCRÓS CONCELLO DE BOIRO



Un ano mais, a xente de Boiro organizou o seu cx. Circuito clásico cas súas variantes por mor de novas construccións e equipamento lúdico na zona. Moi mellorado na zoa de praia, incluíndo novos tramos de prado e de area solta, xa preto da beira do mar.









Xornada moi moi fría, con 5º C por debaixo do 0 en moitos puntos do desprazamento o Barbanza, que logo foi tornando nun día moi claro, manténdose aínda temperaturas moi baixas.


Por parte da PC Monte Xalo participaron Quique en M50, Yiyo, Manolo e Julio en M40, Pedro en M30, e Sergio en Elite. Parte do continxente compartiu xantar con antigos compañeiros do cc Cambre, no xa tradicional restaurante do Camping Barraña, onde tan amablemente nos acollen cada vez que alí facemos parada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.