13 de nov. de 2017

XVII TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO CICLOCRÓS


De novo, este ano os compañeiros de Santiago organizaron carreira de cx. Mesmo escenario e circuito que estes anos anteriores, na campa anexa o estadio de San Lázaro. Circuito moi ben coidado e marcado, con bon acceso e servicios para deportistas, acompañantes e público.






Xornada con ameaza constante de choiva, pero aguantando ate o final de todalas mangas, sen caelo líquido elemento. Iso sí, terreo húmedo e esbaradizo que acentuaba a condición técnica dun circuito con moito curveo e raices vivas das árbores que o salpican





Pola PC Monte Xalo participaron; Quique en M50, Manolo, Yiyo e Julio en M40, Pedro e Javi en M30, e Sergio en Elite, co apoyo loxístico e ánimos de Félix, Chechu e Hugo.






Moi boa xornada polo tanto en Santiago ca maior parte dos crosser do Xalo disfrutando dun entretido circuito que voltará a formar parte do calendario da presente campaña, xa que é o designado para albergalo campionato galego da especialidade no día de fin de ano, o que a bon seguro voltaremos a repertir.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.