27 de nov. de 2017

I CICLOCRÓS TROFEO CONCELLO DE CULLEREDO



O auxe desta modalidade invernal do ciclismo, trouxo de novo o ciclocrós o recinto da Laboral. Excepcional e vistosísimo circuito nas campas que forman parte deste complexo adicado o ensino, e o deporte. Moita asistencia de corredores e público nunha fría mañá que espertaba con 0º , para despois ir dando apertura a un soleado día. Circuito maioritariamente seco, aínda que esbaradizo nas zoas húmidas pola xeada do día, e polas choivas das xornadas anteriores. Pola PC Monte Xalo participaron; Quique en M50, Yiyo, Juan, Manolo e Julio en M40, Pedro e Javi en M30, e Sergio en Elite. Como xogabamos na casa, o desprazamento de compañeir@s e amigos do clube, foi importante. Qué gusto da escoitalos ánimos de voces coñecidas. Sempre nos da ese plus de empuxe, que fai que melloremos nas clasificacións habituais. Ogallá se siga mantendo esta proba, porque é un espectáculo deportivo moi importante na mariña coruñesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.