Un novo circuito pasaba a formar parte do calendario do OPEN galego. Os do clube de Poio, non defraudaron, e aproveitando unha aberta e bonita zoa lúdico-deportiva da que dispoñen a carón do mar xa moi preto de Combarro, diseñaron un bon e rápido circuito, chan na súa maior parte, metendo uns taludes moi ben trazados aproveitando a depresión que forma o pequeno río que desemboca alí mesmo no mar. Área moi ben equipada, en canto a aparcadoiro e vestiarios.

Entorno e día espectacular, cun diferencial de temperatura de ate 20º, e un sol radiante no ceo, mais propio de outras datas.
Fenomenal iniciativa que esperemos sexan capaces de manter para anos vindeiros, porque merece ben a pena correr alí. Pola PC Monte Xalo participaron Quique en M50, Manolo, Manteiga, Yiyo, e Julio, Pedro en M30, e Sergio en Elite.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.