29 de ago. de 2017

CAMIÑO DE SANTIAGO

O ano pasado foi a Cambre-Santiago-Cambre, pero éste ano quixemos cambiar o formato. A idea orixinaria era sair de Sarria, pero a gota fría que afectaba o norte de España  aconsellou adiantar a saída a cual fixemos dende Portomarín. Co apoio lóxistico de un bus, 26 participantes entre ciclistas e acompañantes, dividimos a etapa en varias paradas, a primeira en Palas de Rei, a segunda en Melide, ésta un pouco mais longa onde paramos a xantar na praia fluvial, a terceira en Arzúa e a derradeira en Pedrouzo, para completar o camiño na praza do Obradoiro, logo de 6 horas e cuarto de dar pedais e superada a barreira dos 100 Qm. O tempo respetounos ata o mesmo instante en que estabamos a cargar as bicicletas no bus, momento en que a treboada empezou a descargar. Por unha vez os cálculos sairon perfectos, tendo en conta o imprevisible que se presentaba a meteoroloxía. Non houbo caídas, nin pinchazos, nin nada que poidesemos considerar negativo, polo que o día foi un éxito total. Xá andamos argallando para vindeiras excursión da PCMX. E semella que xá tardan en chegar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.