21 de xuño de 2017

GRAN FONDO ÉZARO

Crónica de David Asenjo:

 "O pasado domingo desprazámonos Yiyo, Guille, Miguel Amado, Miguel Manteiga, Roberto, José Luis, Ferrío e mais eu David a o mirador do Ézaro onde se organiza a ruta do Gran Fondo. Esta é a miña segunda participación, e na do ano pasado optei pola curta de 100 Qm, pero ésta ano a idea era intentar a larga de 140 Qm. Finalmente puiden completala, grazas principalmente a axuda dos compañeiros da peña. A ruta moi dura fisicamente recompensa con un percorrido impresionante, permitíndonos pedalear pola costa e realizar duras ascensións onde a cima agasállabanos con unhas vistas impresionantes. Como traca final tivemos o reto de superar o muro do 30%, e teño que dicir que estou moi contento de ter parcipado e conquerir completar o percorrido, seguramente a vindeira edición voltarei tentar o reto. Agradecer a organización todo o despliegue e medios ofrecidos para poder realizar a ruta, a cual resulta moi recomendable."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.