13 de mar. de 2017

III RUTA DO COCIDO

 Deixamos atrás unha nova edición da Ruta do Cocido (quedada a nivel interno), e xá imos pola terceira, na que integrantes e amigos da PCMX reunímonos para facer un par de saídas, unha por estrada e outra en btt, para rematar con un xantar a base de cocido. Nesta ocasión o mal tempo volveunos a acompañar de tal xeito que a prudencia aconsellou suspender a saída por estrada, pois a maiores da auga o vento fixo acto de presencia, o cual supoñía un risco que non conviña asumir. No obstante un bon número de beteteiros desafiamos as inclemencias meteorolóxicas e conseguimos rematar unha ruta polo Monte do Gato, onde tivemos algún susto en forma de caída, que por fortuna só implicou os clásicos desperfectos de "chapa e pintura", e na que non houbo necesidade de pasar o cocido pola batidora. O remate xantar de confraternidade na parrillada Terranova, onde coma sempre a atención foi excelente. Novamente damolas mais efusivas grazas o Concello de Oza-Cesuras que nos cedeu as instalacións do seu pavillón polideportivo.
Pois o dito, a cuarta edición xá se está "cocendo"...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.