Pola PC Monte Xalo participaron Quique en M50, Julio en M40, e Rober e Pedro en M30, que despois de completar a súas mangas, cun meritorio 3º posto de novo de Quique, emprenderon viaxe para estar cas súas familias na noite do nadal. Moi grande de novo este cx de Maceda, que cada ano nos deixa unhas tremendas ganas de correr para o próximo.



Aquí remata o OPEN galego 2016. Só queda unha proba na comunidade, e iso é na casa, na Laboral, e nada menos que o campionato galego. Alí nos vemos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.