1 de nov. de 2016

XVI TROFEO DE CICLOCRÓS CONCELLO DE SANTIAGO


                                   

Este finde tocaba de novo OPEN galego de CX. A cita era en Santiago. Coma a pasada tempada, o cc Muebles Compostela, organizou a proba sobre o trazado das campas anexas o estadio de San Lázaro. Divertido circuito con moita curva, e algunha que outra raiz esbaradiza, aínda que desta volta, o chan estaba seco e máis ben duro. Compretábase cunha serie de baixadas/subidas de taludes, e o paso por algunha zanxa, e uns tablóns artificiais.

Pola PC Monte Xalo, participaron; Quique en M50, Julio en M40, Rober e Pedro en M30, e Sergio en Elite. Destacala parrilla de M40, batindo todolos records de inscripción, con máis de 60 ciclistas. Bon circuito, este de Santiago de Compostela, que pretende ser permanente.

 


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.