21 de nov. de 2016

TRAIL MOSTEIRO DE CAAVEIRO

                                        Crónica de José Ramón Alba:
"Esta historia comeza coma outras tantas nun bar, o veciño de arriba que a cotío veme correr, pregúntame se non vou ir o trail do Mosteiro, e como me falta o tempo para apuntarme nada mais chegar a casa fagoo, mais tarde chámame Miguel un amígo de Vigo e dime que ben que vou ir por primeira vez a un trail, do que non me decato ata que mo dí, de que son 22 quilómetros. Bueno, agora xá é tarde e xá está, haberá que adestrar.
Este domingo é o trail e Miguel mais eu imos cara a Mosteiro, chove a cántaros, quen me mandaría a mín. Chegamos, aparacamos e imos a meta, empeza a carreira chovendo, os tres primeiros quilómetros son por estrada e por unha finca, pero axiña estamos nun camiño de baixada a tope de auga, e baixando con moito cuidado vou a carón de Adrían, que pronto se escapa porque é mais rápido ca mín baixando. Deixoo ir, pois teñolle bastante respeto a baixada e cando remata comezan uns tramos mixtos, cruzamos un regato e de súpeto unha subida brutal, imos subindo e a xente comenta que a dificultade de éste trail non é media, mais ben alta. O remate da subida miro para atrás e vexo a Oscar, ó que decido esperar e acompañoo ata o primeiro avituallamento, comemos algo e continuamos. Van 7'5 Qm, empezo a baixar detrás de él, pero baixa coma un tiro, cóstame seguilo e chegamos o río e atópome ben, bordeámolo e deixo a Oscar, subimos ata o Mosteiro por tramos con cordas de apoio, terreo bastante técnico con raices e pedras esbaradizas, aí síntome ben, pero desviamos pra cruzar un río, a malla larga comeza a pesar, pero pronto chegamos o avituallamento do Mosteiro, e xá recupero. Logo outra subida na que vou adiantando xente, dado que nos xuntamos coa ruta curta, e pasamos a un terreo mais pendiente pero mais levadeiro. Segundo o XPS quedan 4 Qm pero a realidade é que perdeu a cobertura e só quedan 2. Remato e paso a meta, logo vexo os resultados e acado o posto nº 82. Adrián e Miguel sácanme 10 minutos, pero estan mais acostumados e son mais xóvenes, e quedo por diante de Oscar que é triatleta, algo é algo, aínda que éste tivo un mal día.
Leccións aprendidas, mellor pantalon curto que malla larga, sair o mais adiante posible e soltarse baixando, pero para ser a primeira vez non estivo mal, con 41 anos, alomenos rematei.
Desexando que chegue xá o de Quiroga para apuntarme e intentar facer o de 25 Qm.
Grazas especiais a Miguel, Adrían e Oscar."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.