27 de nov. de 2016

IV TROFEO CICLOCROS DUMBRÍA


Novo cx na localidade de Dumbría. Desta volta, o open galego levounos o complexo deportivo do Conco, no que xa se está a convertir nun circuito habitual desta modalidade en Galicia. O clube ciclista Dumbría, modificou desta volta o circuito, añadindo unha nova campa, co cal o circuito facíase mais longo, lineal e rápido.


A xornada presentouse seca e bastante fría, manténdose dende a primeira hora da tarde, ate a última manga, que xa finou caendo o día.


Pola PC MONTE XALO, participaron Quique en M50, Julio en M40, e Rober e Pedro en M30

Destacala 3ª posición de Quique en M50, nun escenario mellorado, que esperamos se manteña como fixo no calendario de cx, no futuro, xa que a infraestructura é moi boa, e estamos moi a gusto cada vez que viaxamos a esta localidade coruñesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.