14 de mar. de 2016

ADESTRAMENTO ÉZARO

Diante a boa previsión meteorolóxica ( voltamos a velo sol despois de moitos días, ou incluso meses ) decidimos programar o adestramento do Ézaro, polas terras de Dumbría. Contando con Ferrio como sherpa, encargándose de toda a loxística da ducha e da comida, alá partimos; Yiyo, Miguel, Guille, Rober, Josecho, Marante, David, David Gestal, Montes, Luis e Julio. Percorrido duns 95 Km, cos altos de Ferroatlántica, Paxareiras por Pino do Val e Paxareiras por Sestaio, que permitiron os mais fortes apretar cando aparecía o desnivel positivo, para logo agruparnos e chegar xuntos o Ézaro, onde algúns aínda optaron por subir ate o mirador, enfrontándose a auténtica parede que é esta curta pero durísima subida. Ducha quentiña no complexo deportivo da cascada, para dar paso o xantar na compaña dalgúns familiares que se acercaron a disfrutar dun día que invitaba a quedarse na praia que tíñamos a pé de mesa, toda a tarde. Bon adestramento!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.