5 de out. de 2015
III MARCHA CICLOTURISTA TERRAS DE IRIA
Un ano máis, os nosos colegas do cc padronés pechan a tempada de marchas de estrada cun levadeiro percorrido duns 75 Qm, polo entorno de Padrón. Alí nos desprazamos a participar na proba Roberto Pedreira, David Gestal do cc Cambre, e Julio, acompañados tamén por Sonia. Tarde outonal, na que o fresco fixo acto de presencia, case por primeira vez dende que acabou o verán. Percorrido predominantemente chan, co tradicional tramo libre a Aguasantas, onde poidemos "limpalo carburador" ou simplemente subir a ritmo de charleta cos colegas. De novo, tramo libre chan nos últimos 5 Km, nos que tivemos que lamentar unha caida no grupo cabeceiro, cecáis motivada polas presas de ducharse de primeiros, aínda que a auga estaba máis ben fresca. Noraboa os do padronés que son capaces de organizar dúas marchas cicloturistas de estrada no mesmo ano. Alí estaremos abrindo a tempada 2016, alá polo mes de marzo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.