9 de dec. de 2014

TROFEO CICLOCRÓS CONCELLO DE BOIRO




Mañá soleada e bastante fresca ca que nos recibiu Boiro para celebrar coma todolos anos un dos ciclocrós máis concorridos do circuito galego. A súa ubicación xeográfica e o precioso circuito que incluso ten un tramo de praia, fan que a participación no Barbanza sexa ben abondosa. Ate unha trintena de ciclistas tomaron a saída nas categorías de M30 e M40, algo case máis propio dunha carreira nacional que rexional. Pola PC Monte Xalo tomaron a saída Calvete, Julio e Quique.


Circuito seco e rápido no que ademáis compría circular con moito ollo, pois as raices e pedras existentes na zoa do pinar podían propiciar esbarala bici, ou tamén avarías en forma de pinchazos. A xa clásica dificultade técnica da baixada a praia cos seus tramos de area, uníanse un bon número de ascenso de valados e tamén algunhas curvas que co paso dos ciclistas levantaban a capa superficial para deixar o descuberto zoas de area onde trazar se voltaba compricado.



Fenomenal xornada de ciclocrós na que se foi moi rápido e se acabou ca bici limpa. Deportivamente destacalos 4º postos de Quique e Calvete en M50 e M30 respectivamente, quedando polo tanto a moi pouco do podio novamente.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.