23/11/2014

CICLOCROS NAVIA



TSUNAMI !! con este título e a magnífica instantánea recollida por Luz Iglesias, podemos definilo Cx de hoxe en Navia.
Felices no las prometiamos unha avanzadilla que nos desprazamos onte a tarde a localidade asturiana para testalo que daquela era un divertido e duro circuito por mor de 200 m de pateo na praia. Unha vez degustada a sidrina e viandas de rigor destes lares fómonos a descansar, porque as 9 empezabamos algúns a dar pedais. Sorpresa desagradable o despertar en forma de borrasca do norte que se confirmou o chegar a pé de circuito, onde poidemos observar que se suprimira o tramo de area posto que o vento arrancaba postes e cintas delimitadoras do empedrado. Sin ningún tipo de quecemento máis que o de un café a pe de parrilla de saída saimos no medio do temporal a rodar cada un como poido.

Contrariamente o que parecía, o circuito amosouse ate divertido, pero iso si, tremendamente esixente. Pola PC MONTE XALO participamos en tres categorías, Calvete, Quique e Julio. Agradecer tamén a Monky e Roberto a súa axuda no box e as Anas, Sonia e Carlos os seus ánimos dende a barreira aguantando aquel tremendo aguaceiro e vento.
Agradecemento especial a Luz, que estivo todo o tempo a auga, para documentar a cada un dos corredores de maneira absolutamente maxistral.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.