12 de out. de 2014

II MARCHA CICLOTURISTA TERRAS DE IRIA


Por segunda vez no ano, Padrón foi o destino elixido por varios membros da MX para participar nunha cicloturista organizada (e moi ben por certo) polo CC Padronés. Si na anterior estivemos presentes na Ruta Rosaliana, esta vez comparecimos na Terras de Iria ata nove compoñentes da peña: Andrés Calvete, Antonio Ferrio, Guille, Julio, Kike, Monky, Pablo Martínez, Roberto Pedreira e Yiyo, que nos dimos cita para disfrutar o longo de case 80 quilómetros de esta marcha, que con un ritmo vivo pero levadeiro foi moi ben conducida polos ciclistas do Padronés. Con dous tramos libres, ún con final en alto e outro a dez quilómetros de Padrón, a rota rematou de xeito espectacular chegando a meta os participantes esprintando por un tramo de pavés, para deleite da xente que estaba nas terrazas que non deixaba de aplaudir os ciclistas o seu paso. Uns abondosos pinchos diron por finalizada unha excelente xornada de ciclismo onde o tempo diunos un respiro, e non tivemos que tirar de chubasqueiros nada mais que para abrigarnos nas baixadas. En resumo, unha marcha cicloturista para repetir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.