Como era de esperar a Peña Ciclista Monte Xalo acudiu un ano mais a Clásica Vila das Pontes-Desafío Fragas do Eume. Dita proba tivo este ano como madriña de luxo a toda una campeona do mundo de ciclismo en pista Dori Ruano e como invitado especial o ex ciclista do Xacobeo Galicia, Serafín Martinez. As 9:30 tomaban asaída dende o Concello de As Pontes mais de 200 ciclistas entre os que estaban os integrantes da peña, Miguel, Kike, Roberto Andrade, Roberto Rio, Roberto Pedreira, Guilli e Yiyo, tamén acompañados por David do CC Cambre. A marcha transcurriu polo seu percorrido habitual, o entorno das Fragas do Eume coa diferencia de anos anteriores que dita marcha foi controlada ata chegar a Pontedeume e que se suprimiu o alto de Sotavento polo mal estado da estrada facendo un percorrido total de 120Km e 2426m de desnivel acumulado, acabando no Alto do Caxado, na xa coñecida bola, un dos puntos mais altos da provincia da Coruña o que fai que sexauna marcha dura e exixente, O tempo acompañou e deixou disfrutar a todos de una boa mañan de ciclismo. O rematar a proba a organización ofreceunos un bon xantar que constaba de unha espectacular paella e tamén de xamón cocido, onde non faltou o postre café e sobre todo Cervexa. Como sempre felicitar o Club Ciclista Vilalba – As Pontes pola magnifica organización así coma a todos os voluntarios que fan posible que ano tras ano disfrutemosdesta espectacular marcha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.