
Coma cada ano, os de Maceda voltaron a organizalo seu Cx na fermosa carballeira das inmediacións do castelo ( como se pode apreciar nas magníficas fotos tomadas por Luz Igresias ). A longa viaxe ate esta localidade de Ourense viuse recompensada por unha fermosa tarde soleada na que poidemos disfrutar dun dos mellores croses do open galego. Boa participación e inmellorable ambente que finaliza como sempre ca xa clásica chocolatada para ciclistas e acompañantes.
Pola PC Monte Xalo participaron Calvete e Julio, acadando o primeiro un 4º posto na categoría M-30, despois de estar pretiño ou en postos de podio durante toda a carreira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.