29 de dec. de 2013

CAMPIONATO GALEGO DE CICLOCROS DUMBRÍA


Este ano tocáballe repetir a Dumbría. Despóis de ser escenario fai máis dun mes dunha proba do open galego, desta volta o mesmo circuito cunhas pequenas modificacións era o pasado domingo sede do campionato galego. Circuito moito máis pesado que da outra volta, incluso con curvas non ciclables pola lama, por mor dos últimos temporais sufridos pola nosa comunidade nos últimos días. O tempo respetounos no medio da tempestade e permitiu os espectadores disfrutar do espectáculo nunha fría xornada ausente de choiva. Fenomenal ambiente nun espacio natural equipado cos bons servicios dos que dispón esta área deportiva do concello de Dumbría.



Pola PC Monte Xalo participaron Calvete e Julio. Andrés estivo rondando os primeiros postos da manga de master 30 ca regularidade do open, para finalizar nunha notable 6º posición. Agradecemento especial a todolos compoñentes da Peña e as súas familias que se desprazaron para axudar e animar os nosos corredores. Poidemos disfrutar dun fenomenal espectáculo e dun ameno xantar na localidade de Vimianzo.


¡ GRACIAS, e FELIZ ANINOVO !

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.