13 de maio de 2013

Ruta o embalse de San Xoán

Ese era punto de destino. A magnífica área recreativa do embalse-lago de San Xoán, en Pardiñas, Guitiriz ( Lugo ) Dende Cambre e Betanzos partimos Quique, Angel, Novás, Estíbaliz, Julio, Miguel, Yiyo, Abraam, e Marante, acompañados tamén por David Gestal. Cun tempo soleado e algo fresco puxemos rumbo Lugo, rodando tranquilamente pola N VI. As únicas dificultades orográficas do día foron a Costa da Sal, e o pequeno porto que da acceso o lago dende Pardiñas. O resto do percorrido, chan, con facilidade para rodalos case 15 ciclistas que chegamos a ser con outros cos que nos xuntamos polo camiño. Boa ruta duns 110 Km, ca visita a un estupendo enclave natural, que a bon seguro será visitado de novo para outras actividades o aire libre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.