REGULAMENTO E NORMAS DE PARTICIPACIÓN
- Artículo 1: Denominación.
O 1º Paseo Ciclista Senda do
Mero, celebraráse o Sabado 08 de Xuño de 2013 as 17:00 horas, estará organizada polo Concello de Cambre e a
Peña Ciclista Monte Xalo.
A saída terá lugar nas portas do
Concello de Cambre, e a chegada estará situada no campo de fútbol Dani Mallo.
- Artículo 2: Carácter da ruta.
Popular e non competitiva.
Menores obrigatoriamente
acompañados por un pai, tutor ou adulto autorizado. No caso de non ir
acompañado polo propio pai ou tutor, deberán cubrir o impreso que achegamos na
nosa web (Autorización paterna), e que deberá vir asinado polo pai e pola
persona responsable do menor.
Os menores con idades comprendidas
entre 14 e 18 anos, non precisarán acompañante, pero sí a debida autorización
asinada.
- Artículo 3: Distancia e percorrido.
A ruta ciclista ten un percorrido
aproximado de 12 kms. Con saída do
Concello de Cambre ata o paseo fluvial, onde na área recreativa de Peiraio
faremos un reagrupamento e voltaremos pola riveira oposta. En terreo
predominantemente chan, e una dificultade tanto técnica como física de un nivel
baixo.
Os organizadores reservánse o
dereito de modificar o percorrido cando as circunstancias así o recomenden.
- Artículo 4: Inscripcións.
A inscripción e gratuita.
Na nosa web www.pcmontexalo.com
Desde o día 13 de Maio ata as
16:30 horas do día da ruta.
Haberá que cubrir e enviar un
formulario por cada participante.
Os menores precisarán
autorización paterna que poderán descargar da nosa web www.pcmontexalo.com a cual entregarán
firmada a Organización no momento de retirar o dorsal.
- Artículo 5: Recollida de dorsais.
Na porta do Concello o día da
proba dende as 15:30 ata as 16:30 horas.
- Artículo 6: Participantes.
Considéranse participantes na 1º
Paseo Ciclista Senda do Mero quenes se houbesen inscrito, porten o dorsal nun
lugar visible, se ateñan rigurosamente o
horario e percorrido establecido pola Organización e circulen entre os
vehículos que sinalizan a apertura e o peche da ruta, coas bandeiras vermella e
verde repectivamente.
Durante todo o percorrido “O USO DO CASCO E OBRIGATORIO”.
Recoméndase o levar consigo a
Tarxeta Sanitaria.
- Artículo 7:
A Organización declina toda
responsabilidade naqueles casos que por neglixencia ou falta de cumprimento da
Ley ou do Código de Circulación, así como das instruccións dadas polo personal
habilitado pola organización, poidéranse producir danos físicos ou morais,
propios ou a terceiros, así como outro tipo de prexuicios ou accidentes que por
estas causas poideran ocasionar.
- Artículo 8:
A Organización resérvase o dereito de excluir da ruta
ciclista, a aquela persoa que non observe o comportamento debido, ou faga caso
omiso das indicacións que reciba por parte dos membros da organización.
- Artículo 9:
O participante na proba autoriza
o emprego de fotografías propias, sempre que o seu uso garde relación ca proba
na que se inscribe.
A organización garante o
cumplimento da lei de protección de datos, e de acordo ca lei orgánica 15/1999,
o participante queda informado e presta o seu consentimento o emprego dos seus
datos no desenvolvemento dos trámites propios do desenvolvemento do evento.
A participación nesta ruta
ciclista, implica a aceptación do regulamento. O seu descoñecemento, non exime
o participante do seu cumprimento.
Todalas novas sobre a proba
poderán seguirse no sitio web www.pcmontexalo.com.
- Artículo 10: Carácter solidario.
Cada participante no evento
poderá aportar libremente “un kilo de solidaridade” de productos de
alimentación non perecedeiros que se destinarán o Banco de Alimentos Municipal.
Depositaríanse a retirada dos
dorsais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.