6 de maio de 2013

1º coloso da tempada




Aconsellados por meteogalicia, na tarde do 1º de maio, día dos traballadores, algún Monte Xalo decidimos poñer rumbo o Sur para poder darlle os pedais en seco. Co xa coñecido punto de saída no porto de Carril, fixemos un adestramento de 85 Km, percorrendo localidades coma Catoira, Caldas, Valga, Pontecesures, e Padrón. Estíbaliz e Julio completaron este percorrido destacando o paso polo empedrado de Padrón entrando por Lestrove, e como non, a dura ascensión o Xiabre. Nesta ocasión o coloso do Salnés subiuse pola súa cara máis pendente, que non e outra que a de Catoira, finalizando incluso na prolongación da súa estrada nas antenas do Pico Meda, donde están as rampas máis duras. Destacalo fortísimo vento durante toda a tarde, que facía que rodar a máis de 25 Km/h na súa contra polo chan, fora toda unha odisea para un grupo tan pequeno de ciclistas.






Esta zoa entre Pontevedra e A Coruña ten boa disposición para este tipo de entrenos dispoñendo de extensas zonas chans e tamén de portos cercanos os 10 Km, máxime cando a meteoroloxía pode ser ven distinta a do norte, encontrándose só a pouquiño máis dunha hora en coche. Como mostra, un botón, tivemos momentos da ruta que só nos atopabamos a 70 Km da casa, co que incluso chegariamos a cear en bici.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.