3 de dec. de 2012
XI Ciclocros Ría de Marín
No espacio natural "Lago de Castiñeiras" o mesmo pe da mámoa do rei do mesmo nome, celebrouse o ciclocros organizado polos compañeiros do cc Marín de Pontevedra. Circuito realizado en monte, cun chan bastante duro, cunha primeira parte de forza, incluindo unha subida en varios tramos, e unha segunda fase máis técnica con braña de monte e trazado con moito curveo consecutivo deseñado pola organización. Boa participación e bastante frío. Aínda que asomou o sol, a xeada mantívose en algunhas partes do circuito toda a mañá. E é que estamos no tempo !!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.