21 de set. de 2012

I CRONOESCALADA A O MONTE XALO



Logo de un laborioso traballo, que nos levou varios meses, e a pesar dos atrancos encontrados no camiño, por fín viu a luz, en colaboración co Concello de Carral, a I Cronoescalada a o Monte Xalo.


O noso agradecemento pola axuda prestada o Concello e o seu persoal de deportes.  A nosa primeira preocupación foi a da seguridade dos ciclistas, para o que contamos coa inestimable cooperación da Protección Civil de Carral e Culleredo, así como da Policia Local de Culleredo. Tamén nos acompañou un grupo de moteiros do clube Oleiros, capitaneados por Tomás a os que estamos moi agradecidos pola súa desinteresada labor de apoio. E non podemos esquencer o numeroso grupo de voluntarios, que a o longo de toda a contrareloxo, vixiaron os cruces e mais avisaron dos puntos conflictivos a os participantes.

Pero todo esto non tería sido posible sin o apoio económico dos nosos sponsors, que podedes ollar na marxe dereita de esta web, que en estos tempos tan difíciles que estamos a pasar, fixeron en gran medida que esta crono fose viable.
Seguindo co apartado dos agradecementos, temos que facer fincapé en todos os que colaboraron con nós: Gadis, que nos cedeu o avituallamento, a oficina Mapfre de Cambre, a Bicicletas El Patio, coa súa demostración de bmx, Bike Sat coa súa exposición de bicicletas, Trisotec, que nos facilitou o equipo de són, e a Ciclos Quintena, Mount’n’ Bikes, Ciqlo, Bici Total, Bicicletas Arán, Manu Sports e Bicletas Brais Chás que nos cederon os agasallos sorteados durante os pinchos que tomamos na Taberna XXI, sita no propio Carral.
No apartado puramente deportivo da proba, a cual seguindo a filosofía da nosa peña, cada ún podía facer como entendese, ben a toda máquina, ou ben disfrutando das impresionantes vistas que nos depara o mítico Monte Xalo, que unha e outra vez recibe que case todalas probas cicloturistas que se disputan na comarca, ben sexa por terra ou por estrada, e que nos atreveríamos a dicir que non hai día, no que chova, neve ou faga sol, hai sempre un cicloturista escalando o noso pequeno gran coloso monte coruñés, e como dicíamos na cara competitiva de esta proba, reseñar que todo un campión galego como é Manuel Prieto Alvedro do CC Riazor, foi o que menos tempo invertiu na escalada, 21minutos e 38 segundos , co cual xá temos unha marca a batir, parabéns pola súa demostración de forza. A destacar tamén o gran apoio recibido pola Peña Cicloturista Quintena (da cual o que suscribe ten a honra de ter sido socio fundador) que co maior número de participantes puxo a guinda de cor e ánimo en esta proba. Noraboa a todolos participantes en xeral, porque todos remataron a proba de un xeito mais ca digno, sobre todo as dúas féminas que coas súas btts diron unha demostración de coraxe, e tamén os rapaces de El Patio, que de forma extraoficial atacaron o ascenso do Xalo nas súas bmx, bravo por eles.
Tamén suliñar o agradecemento por parte de Agaxfra (Asociación Galega da Síndrome X-Fráxil), pola vosa desinteresada colaboración, que servirá para axudar a difusión de esta enfermidade, a segunda a nivel de discapacidade intelectual, e a tentar de buscar un tratamento que poida paliar os seus efectos nos afectados.
En resumo, foi un día no que todo acompañou, dende o magnífico sol reinante, ata o abondoso número de amigos cos que nos dimos cita, para ter un día de festa cicloturista, aínda que con un plus de competitividade, que esperamos fose do agrado de todos, e no que pedimos disculpas polos posibles fallos que tivemos a organización, e dos que tomamos boa nota, para subsanalos en vindeiras edicións. A todos en xeral, moitas grazas ¡¡¡…
…e ata o ano que ven.
Pd: Si alguién quere fotos con maior resolución que anote o número da instantánea e nos mande un correo a nosa dirección: pcmontexalo@gmailcom. Abriremos unha carpeta temporal onde se colgarán esas fotos, que debido o seu peso non podemos poñer en este enlace, as cuales se poderan descargar de xeito completamente gratuito.
FOTOS:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.