Seguindo coa nosa filosofía de clube, na que o importante é disfrutar do deporte, como cada ún o entenda
Seguindo coa nosa filosofía de clube, na que o importante é disfrutar do deporte, como cada ún o entenda, e apesares de que o ciclismo é a nosa base, non estamos pechados a outras alternativas, como por exemplo o atletismo, eso sí de maneira amateur, participando en carreiras populares como foi a do pasado Domingo 15 de Abril que se celebrou na Coruña, o amparo do I maratón A Coruña 42, con un percorrido de 10 quilómetros, que se fixeron un tanto duros por mor da auga o vento e pola sarabia que tamén fixo acto de presenza. Pola PC Monte Xalo participamos Garaboa, Julio e Monky acompañados de Manolo e Rubén , uns amigos que disfrutaron con nós de esta fermosa xornada. Logo o remate, despois de recuperarnos con uns cafés, os que se nos uniu Yiyo, membro de esta peña que veu animar a uns amigos da maratón, o tempo deunos un respiro e poidemos gozar de esta proba a modo de espectadores, animando tamén a vellos coñecidos, sen deixar de amosar a nosa admiración polos participantes na chegada a meta, pois atreverse con esos 42 quilómetros, non está o alcance de todo o mundo. Parabéns dende o primeiro ata o último clasificado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.