13 de abr. de 2012

Así se gaña unha Roubaix !!

Impresionante video recollido en biciclismo.com, dos preparativos e a carreira vista dende o coche do director do OMEGA PHARMA. Os que van no coche son Wilfred Peeters e Tom Steels, case nada o aparato, aínda que están un pouco tochudos, foron os mellores gregarios que tivo no seu momento Johan Museuw ( aínda que ambolos dous tamén eran gañadores ) no MAPEI dos 90, un equipo temible nestas carreiras de adoquín ( nunha Roubaix, subiron o caixón 3 xuntos ), a parte de ter tamén daquela a Rominger para as de 3 semáns.


http://www.biciciclismo.com/cas/site/noticias-ficha.asp?id=49915

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.