10/04/2012

Adestramentos Semana Santa.

Continuando coa nosa posta a punto de cara a Peña Cabarga, este fin de semana fixemos dous adestramentos, o sábado Julio, Monky e Yiyo (os demais andaban de troula santa) rematamos con 120 quilómetros, copiando o percorrido da Rompepernas dos compañeiros do Riazor (agás o Xalo), acumulando un desnivel importante que nos levou o domingo a estirar as patas con unha estupenda mañán de btt, coa ausencia de Yiyo, o cual sustituiu Novás, acadando finalmente 35 quilómetros pola zoa de Sarandons, Cañás e voltando para Cambre por un camiño fermosísimo que vai practicamente a carón do Pantano ata o mismísimo Cecebre, o que nos levou a completar un mais que aceptable adestramento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.