"O domingo 11 de agosto celebróuse en Boiro a carreira máster organizada polo Clube Ciclista Barbanza. A climatoloxía foi cambiante no transcurso da proba, chegando a chover nalgún intre. Saida dende o Concello de Boiro as 10:30 horas e a uns 20 qm formouse unha escapada. O percorrido rompe-pernas no que se daban dous xiros a un circuito de 50 qm, deixou fora a moitos no primeiro paso polo porto. Na segunda volta neutralizouse a escapada. No porto voltouse a tensarf a carreira, chegando a meta un grupo dunhas 30 unidades. Por parte da Peña só participuo Kike Vázquez acadando o sexto posto da súa categoría."


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.