Agora toca celebralo, claro que sí !!!
Páxinas
▼
12 de xan. de 2019
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CX. PONTEVEDRA
Comentabamos onte que co campionato de España na modalidade de Team Relay acadado pola selección galega onde formou parte o noso compañeiro Andrés Calvete nos dabamos mais ca satisfeitos, e que todo o que viñese no día de hoxe sería a maiores, e así foi, porque de novo Andrés nos deparou unha enorme alegría conquerindo o terceiro posto e medalla de bronce na modalidade M30. Para os que sabemos o nivel de esforzo que supuxo para Andrés chegar a ese estado de forma co pouco tempo que lle deixa a labor na súa tenda de Bicicletas El Patio, ese bronce sábenos a ouro do da mellor calidade, e os que nos desprazamos a animalo a él e o resto dos nosos compañeiros, a quen tamén queremos felicitar (axudan a facer grande un deporte tan fermoso coma o CX), supuxo como dixemos antes unha satisfacción enorme. Os seareiros tivemos a parte fácil, que foi a de animar e disfrutar, pero nesta victoria unha parte importante tamén pertence a os seus inseparables Lorena e Jose, que o acompañaron en tódolos seus desprazamentos dándolle todo o apoio posible. Grande, enorme o palmarés de este ano para Andrés Calvete, campión da Copa de Galicia, subcampión galego, campión de España en Team Relay con Galicia e medalla de bronce no campionato de España. Un temporadón que nos vai ser moi difícil de esquecer, no que como apuntabamos antes, hai que felicitar a tódolos CX man da Peña Ciclista Monte Xalo, e como non a o ciclista mais en forma do clube Andrés, que nos fixeron disfrutar como nunca de un deporte tan completo coma o ciclocross, onde se combinan a potencia e a habilidade.
Agora toca celebralo, claro que sí !!!
Agora toca celebralo, claro que sí !!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.