03/07/2017

DATOS DA PROBA

LOCALIZACIÓN.

Concellos: Carral, Culleredo.
Provincia: A Coruña.

Emprazamento de saída: Praza co concello de Carral.
N 43º13´75”,O 08º21´26”.
Emprazamento de chegada: Monte Xalo.
N 43º12´53”,O 08º23´43”.

Estradas afectas:
AC 2105, de Carral a Folgueira-Castelo.
           AC 1708, de Folgueira-Castelo a Monte Xalo


DESCRIPCIÓN DO PERCORRIDO.

A marcha desenrólase nos términos municipais de Carral e Culleredo. A escalada ciclista terá o seu Km 0 na mesma porta do consistorio de Carral, para acometer unha primeira parte da proba con terreo predominantemente chan e pasar a unha última parte cunha dura ascensión o lugar de Cabrois. Unha vez pasada esta localidade, o trazado entra no concello de Culleredo, para desde Castelo, atacala subida máis tradicional o coñecido monte coruñés.
A chegada estará situada na entrada a granxa onde, de novo, introducímonos no término municipal de Carral, localidade ate a que descenderán os deportistas, xa de forma neutralizada, na procura da ducha e do avituaiamiento. 

CONDICIONANTES.

A continuación preséntanse detaies relevantes en canto a modalidade la proba.

Data de celebración: 05 de Agosto de 2017.

Hora de saída primeiro ciclista: 17:00 h.

Hora de saída do derradeiro ciclista: 18:00 h.

Hora de chegada a meta prevista do derradeiro ciclista: 18:40 h.

Intervalo de saída de ciclistas dende o punto de partida:  cada  minuto.

Corte de estradas previstos: Non.

Modo de circulación: ocupando só o carril dereito no sentido da marcha, respetando a normativa de conducción.

Vixilancia de cruces: Si, por persoal da organización, Protección Civil e Garda Local.

Vixilancia e sinalización de zoas peligrosas: Si, por persoal da organización.

Vixilancia  durante o traxecto dos ciclistas: Si, por persoal motorizado da organización, o cal cumprirá as normas de conducción vixentes, e irá identificado con roupa reflectante.

Sinalización do circuito: Si, con indicacións horizontais na calzada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.